Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 10 de xullo de 2002 Páx. 10.707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de xuño de 2002 pola que se anuncia a adxudicación da bolsa do proxecto Cantigas de Santa María, convocada por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 41, do 29 de febreiro) pola que se convocan bolsas no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

A Orde do 17 de febreiro de 2000 (DOG nº 41, do 29 de febreiro), da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, aprobou as bases que rexerán o concurso público de dez bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e se anunciaba a súa convocatoria, sendo resolta por Orde da devandita consellería o 28 de abril de 2000 (DOG nº 88, do 9 de maio de 2000).

A sentencia nº 775/2002, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza anula a adxudicación da bolsa do proxecto VI Cantigas de Santa María, ordenando retrotrae-las actuacións co obxecto de que se proceda á admisión do recorrente, a que se lle valoren os seus méritos e as actuacións subseguintes; en execución dela a comisión de selección reúnese de novo o día 26 de xuño de 2002.

Unha vez celebrada a reunión e examinados de novo os expedientes tanto do recorrente coma do titular e suplente, esta comisión de selección, constituída conforme a base sexta da convocatoria do 17 de febreiro de 2000, elevou a esta consellería informe sobre a candidata seleccionada e suplente ó director xeral de Política Lingüística, quen transmite ese informe ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para a súa resolución.

A competencia desta consellería vén dada polo Decreto 25/1993, do 11 de febreiro (DOG nº 34, do 19 de febreiro) polo que se crea e se regula o funcionamento do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, modificado polo Decreto 330/1997, do 13 de novembro (DOG nº 227, do 24 de novembro).

Por todo isto, esta consellería, vista a proposta da comisión de selección, despois de estudia-los méritos tanto do recorrente como da adxudicataria e suplente.

RESOLVE:

Concede-la bolsa de colaboración para o proxecto de investigación VI Cantigas de Santa María, segundo se detallan:

Proxecto VI: Cantigas de Santa María.

Botana Vilar, Mª Jesús.

Suplente:

Vázquez Recarey, Susana.

A contía, a duración da bolsa e a incorporación ó Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades farase de acordo co disposto nas bases segunda e terceira da Orde do 17 de febreiro de 2000.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria