De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a iniciación do expediente 15-818/02 por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións estime convenientes, e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertindo o interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 15-818/02.
Inculpado: 500 Millas, S.L.
Domicilio: avda. das Mariñas, nº 320 baixo, 15173 Perillo (Oleiros).
Motivos: carecer de follas de reclamación.
Data da iniciación: 3-6-2002.
A Coruña, 12 de xuño de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo