Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de xuño de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de contratos por falta de pagamento e lanzamentos de vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-82/010, conta 100 e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga

do 10% así como as cotas da comunidade que tiveran pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato comportará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 18 de xuño de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área provincial da Coruña

ANEXO

Josefa A. Aneiros Pedre e herdeiros.

Expediente C-82/010 (F.P. 138/01)

Conta: 100.

Mestre López Dafonte, bloque 22, P-H, 1º dta. (Ferrol)

Importe débeda: 9.331,27 euros

Manuel Couto Rodríguez e herdeiros.

Expediente C-103-CD/67 (F.P. 28/02)

Conta: 28.

Castelao, bloque 36, P-10, 1º D (Ferrol)

Importe débeda: 1.680,72 euros.