Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 09 de xullo de 2002 Páx. 10.674

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (93/1994).

Mónica Sánchez Romero, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fago saber que no devandito xulgado se tramita procedemento de xuízo executivo número 93/1994, sobre outras materias, por instancia do Banco Pastor, S.A. contra Manuel Vázquez López, Ana María Rodríguez Iglesias e María Alicia Vázquez López, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por terceira vez, sen suxeición a tipo e por

termo de vinte días, os bens que logo se dirán, sinalando para que teña lugar o acto de remate na sala de audiencias deste xulgado, o día 2 de setembro de 2002, ás 11 horas, coas prevencións seguintes:

1. Que teña lugar sen suxeición a tipo.

2. Os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado, no Banco Bilbao-Vizcaya, S.A. nº 1510 0000 17 93/1994, unha cantidade igual, cando menos, ó 20% do tipo que serviu de base para a segunda poxa, facendo consta-lo número e ano do procedemento, requisito sen o cal non serán admitidos, non aceptando entrega de diñeiro en metálico nin cheques.

3. Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de cede-lo remate a terceiros.

4. Nesta poxa, desde o anuncio ata que teña lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego fechado, facendo o depósito a que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade, estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Se por forza maior ou causas alleas ó xuglado non puidese ter lugar a poxa o día e hora sinalados, entenderase que terá lugar ó seguinte día hábil, exceptuando os sábados, á mesma hora.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Referencia catastral: 001604100 NH84 E, do catastro de urbana diseminado, situada no lugar de Barazón nº 41, termo municipal de Santiso. Linda, norte: camiño público; sur: Jesús e Fermín Vázquez Guntín e Jesús Piñeiro Silva; leste: camiño público e oeste: camiño público, Constantino Cagide Miguélez e outro. Polos signos externos pódese evidenciar sobre o terreo que é unha casa de planta rectangular a dúas alturas, construída hai máis de cincuenta anos, con paredes de pedra, piso de madeira, en regular estado de conservación e dispón anexos uns alboios. O predio encol do que está edificada a casa e a porción circundante, de difícil delimitación (de uso para horta, aira e curral), estímase que poida medir uns dous ferrados, equivalente a 10 áreas e 72 centiáreas.

Valoración da casa: dous millóns cincocentas mil pesetas (2.500.000 pesetas).

Arzúa, 29 de maio de 2002.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA