Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.615

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se substitúe a redacción do primeiro punto do parágrafo b) da cláusula 2.2.6.1. do modelo tipo de prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso polo procedemento aberto para a adxudicación de obras.

Advertida unha incorrecta redacción no primeiro punto do parágrafo b) da cláusula 2.2.6.1. do modelo tipo de prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso polo procedemento aberto para a adxudicación de obras e visto o informe favorable da asesoría xurídica da consellería,

RESOLVO:

Primeiro.-Substituír no modelo tipo de prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá no concurso polo procedemento aberto para a adxudicación de obras a redacción existente pola que a continuación se transcribe:

«b) O concurso seralle adxudicado a aquela empresa licitadora que obteña a maior puntuación do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, e que presente unha oferta económica situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica de tódalas presentadas, e, superiormente, polo valor da baixa media, calculada de acordo co criterio do parágrafo seguinte, decrementada en 5 puntos porcentuais».

Segundo.-Substituír pola anterior redacción, o primeiro punto do parágrafo b) da cláusula 2.2.6.1 dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen nos concursos polo procedemento aberto para a adxudicación das obras que se citan no anexo que se acompaña e que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño de 2002.

Terceiro.-Conceder un novo prazo de 13 días para a presentación de proposicións, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José A. Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

DENOMINACIÓNCLAVE

ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA PO-207 (ANTIGA PO/VP/2408), TREITO PORTODEMOUROS-VILA DE CRUCESN/PO/90.1

ACONDICIONAMENTO DA PO-212, TREITO AGOLADA N-640, RODEIRO C-533N/PO/89.17

ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA LU-760, 1ª FASE, TREITO N-640 LUDRIO-MOSTEIROLU/99/020.01

PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN ALTERNATIVA NORTE Á C-550 NA PONTE DA BARCA, POIOPO/99.049.01

VARIANTE C-641, TREITO VARIANTE DE VILALBAN/LU/91.22