Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2002 pola que se substitúe a redacción do primeiro punto do parágrafo b) da cláusula 2.2.6.1. do modelo tipo de prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso polo procedemento aberto para a adxudicación de obras.

Advertida unha incorrecta redacción no primeiro punto do parágrafo b) da cláusula 2.2.6.1. do modelo tipo de prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso polo procedemento aberto para a adxudicación de obras e visto o informe favorable da asesoría xurídica da consellería,

RESOLVO:

Primeiro.-Substituír no modelo tipo de prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá no

concurso polo procedemento aberto para a adxudicación de obras a redacción existente pola que a continuación se transcribe:

«b) O concurso seralle adxudicado a aquela empresa licitadora que obteña a maior puntuación do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, e que presente unha oferta económica situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica de tódalas presentadas, e, superiormente, polo valor da baixa media, calculada de acordo co criterio do parágrafo seguinte, decrementada en 5 puntos porcentuais».

Segundo.-Substituír pola anterior redacción o primeiro punto do parágrafo b) da cláusula 2.2.6.1 dos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen nos concursos polo procedemento aberto para a adxudicación das obras que se citan no anexo que se acompaña e que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia do 25 de xuño de 2002.

Terceiro.-Conceder un novo prazo de 13 días para a presentación de proposicións, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José A. Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

DENOMINACIÓNCLAVE

REFORZO DO FIRME NA C-552 A CORUÑA-FISTERRA E NA AC-410 A CORUÑA-OS BAÑOS DE ARTEIXOAC/02/022.02

MELLORA DE FIRME NA PO-353 A GARDA-FORNELOS, DO P.K. 0+000 Ó P.K. 7+843PO/02/025.02

REFORZO DO FIRME NA C-531, TREITO: MACEIRA-PETÁN, P.K. 67+700 Ó 75+500. PONTEVEDRAPO/02/026.02

REFORZO DO FIRME EN VARIOS TREITOS DA C-536. OURENSEOU/02/014.02

REFORZO DE FIRME NA C-543 CAMIÑO DE SANTIAGO A NOIA, DO P.K. 12+200 Ó P.K. 21+300. OS ÁNXELES-URDILDE (MARTELO)AC/02/023.02

REFORZO DE FIRME NA OU-404 DO P.K. 24+900 Ó P.K. 31+500 E NA OU-301 DO P.K. 0+000 Ó P.K. 6+600OU/02/030.02

REFORZO DE FIRME NA PO-230, TREITO: VICHOCUNTÍN-CAMPOLAMEIRO, P.K. 0+00 Ó P.K. 12+545PO/02/034.02

MELLORA DE INTERSECCIÓNS NA C-541 TREITO: PONTEVEA-A ESTRADA, P.K. 22+100PO/02/029.06

ANCHEAMENTO E REFORZO DO FIRME NA AC-402, TREITO: BAZAR-SANTA COMBA E NA AC-403, TREITO: PAXAREIRAS-MUROSAC/02/036.02

ANCHEAMENTO E REFORZO DO FIRME NA AC-130, TREITO ARES A MUGARDOS, P.K. 0+000 Ó P.K. 4.281AC/02/035.02

REFORZO DO FIRME CON MISTURA ASFÁLTICA EN QUENTE, SINALIZACIÓN E BALIZAMENTO NA LU-634 DE SAMOS A PEDRAFITA, TREITO: LIÑARES-PEDRAFITALU/02/027.02

SANEAMENTO E REPOSICIÓN DE PAVIMENTOS DRENANTES, REXENERACIÓN DA CAPA DE RODADURA EN DISTINTOS TREITOS DA C-546 E DA CRB-22. LUGOLU/02/033.03

REFORZO DE FIRME NA ESTRADA LU-132 DE LOURENZÁ-VILAFERNANDO, TREITO: LOURENZÁ-TRABADALU/02/043.02

REFORZO DE FIRME NA PO-300 NOGUEIRA-CAMBADOS; C-550 O CARRIL-VILAGARCÍA DE AROUSA E C-531 BAIÓN-PONTEVEDRA E A PONTE DA BARCAPO/02/044.02

REFORZO DE FIRME NA OU-402, TREITO: OURENSE-FEÁ. OURENSEPO/02/042.02

REFORZO DE FIRME NA C-640 DE VIVEIRO-BETANZOS, C-641 RÁBADE-FERROL, C-642 XUBIA-SAN CIBRAOLU/02/051.02