Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (857/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 857/2001, por instancia de Elvira Carpente Rodríguez contra Comunidad de Propietarios Playa de Lago Perbes y Otra sobre salarios nos que recaeu sentencia con data do 30-5-2002 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda promovida por Elvira Carpente Rodríguez contra a Comunidad de Propietarios Playa de Lago Perbes e a empresa Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.L., debo condenar e condeno a demandada Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.L. a que lle aboe á actora a cantidade de 336,42 A (55.975 pesetas) por tódolos conceptos reclamados en demanda, absolvendo a codemandada Comunidad de Propietarios Playa de Lago Perbes.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe ningún recurso».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Galicia Limpiezas y Conserjes, S.L.L., expido e asino a presente na Coruña o 30 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA