Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (950/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 950/2001, seguidos por instancia de José A. Quintela Espasandín contra Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L., sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data 16-5-2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por José Antonio Quintela Espasandín, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 168.822 pesetas (1.014,64 euros) polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e neste sentido debo condenar e condeno empresa Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. a que estando e pasando por tal declaración faga o pagamento ó demandante da cantidade de 1.014,64 euros (168.822 pesetas) polo concepto de salarios e axudas de custo.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que contra dita resolución non cabe o recurso de suplicación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Instalaciones Eléctricas Carlos Núñez, S.L. que tivo o seu último

enderezo coñecido en praza da Palloza, 2-1º dereita, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 31 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado