Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.611

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (SECCIÓN QUINTA)

EDICTO (459/1999).

Concepción Albes Blanco, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, dou fe de que no rolo de apelación número 505/2000, dimanante do xuízo declarativo de menor contía número 459/1999, procedente do Xulgado de Primeira Instancia número seis dos desta cidade de Vigo, recaeu sentencia, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número 149/2002. En Vigo, o 22 de maio de 2002. Visto o recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada en xuízo procedente do Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo (rolo de sala número 505/2000), no que é parte apelante e demandada María Rosa Bao Valle e María Luz Valle Pérez, ambas representadas polo procurador Álvarez Buceta e defendida polo letrado Quintela González, e como parte apelada e demandada Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixavigo, representada polo procurador Estévez Lagoa e defenida polo letrado Franco Barreiro e Miguel Gil Rodríguez en situación procesual de rebeldía. Sendo designado maxistrado ponente José Ferrer González, quen expresa o parecer da sala. (Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito). Decido que desestimando o recurso de apelación interposto polo procurador Álvarez Buceta, en nome e representación dos demandados María Rosa Bao Valle e María Luz Valle Pérez, contra a sentencia dictada no menor contía

número 459/1999 que se segue no Xulgado de Primeira Instancia número seis de Vigo, confírmase esta en tódolos seus pronunciamentos, condenando a parte recorrente ó pagamento das custas da segunda instancia. Notifíquese esta sentencia ás partes na forma prevista no artigo 248.4º da LOPX. Con testemuño desta resolución devólvanse as actuacións ó xulgado de procedencia, que xustificará a recepción. Así, por esta nosa sentencia, da que se unirá certificación ó rolo da sala, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo». Seguen as sinaturas e publicación.

Para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación da sentencia ó apelado demandado Miguel Gil Rodríguez, actualmente en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto en Vigo, o 3 de xuño de 2002.

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE RIBEIRA