Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 08 de xullo de 2002 Páx. 10.571

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 228/2002, do 20 de xuño, sobre subvencións a fondo perdido para a rehabilitación protexida de vivendas no medio rural de Galicia.

O Real decreto 1/2002, do 11 de xaneiro, establece o marco normativo de financiamento de actuacións protexidas do Plan de Vivenda e Solo para o período 2002-2005.

O Decreto 304/2000, do 21 de decembro, regulaba as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación de vivendas no medio rural.

A xeral aceptación destas axudas, a necesidade aínda existente de actuacións de rehabilitación nas vivendas do medio rural de Galicia, así como a publicación do devandito real decreto, explican a oportunidade da publicación dunha nova normativa que, por unha banda, continúe como eficaz instrumento incentivador da rehabilitación no devandito medio e, pola outra, en coherencia co novo marco normativo, articule estas subvencións como unha liña máis de axuda entre as previstas para a vivenda con carácter permanente ata o ano 2005.

Por coherencia coa normativa do novo Plan de Vivenda 2002-2005 a limitación dos ingresos ponderados pasa a expresarse en número de veces o salario mínimo interprofesional.

Modifícase, ademais, o procedemento para adecualo ó modelo seguido na rehabilitación protexida do Plan de Vivenda, mediante as resolucións de declaración provisional e definitiva de rehabilitación protexida e a ulterior de concesión da subvención.

O presente decreto desenvolverase mediante ordes anuais que determinarán a contía dos recursos para cada exercicio orzamentario.

En virtude do anterior, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte de xuño de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente disposición ten por obxecto promocionar e incentivar, mediante subvencións a fondo perdido, a rehabilitación das vivendas rurais galegas así como a súa adecuación ó medio ou á tipoloxía propia da zona.

Artigo 2º.-Concepto de vivenda rural.

Para efectos deste decreto considéranse vivendas rurais as vivendas unifamiliares situadas en:

a) Entidades de poboación inferiores a 500 habitantes.

b) Núcleos entre 500 e 1.500 habitantes de municipios con planeamento municipal vixente, sempre que os núcleos sexan rurais ou, no caso de núcleos urbanos, sempre que a ordenanza de aplicación considere como compatible o uso da vivenda unifamiliar.

c) Núcleos entre 500 e 1.500 habitantes dos municipios sen planeamento sempre que teñan un claro carácter rural e non sexan características de aglomeracións ou concentracións urbanas.

Artigo 3º.-Condicións para a rehabilitación.

Para seren obxecto das axudas reguladas no presente decreto as vivendas deberán ter máis de 15 anos de antigüidade e dedicárense a residencia habitual e permanente do beneficiario.

Artigo 4º.-Actuacións protexibles.

1. As actuacións que se inclúen no ámbito de protección que se establece neste decreto son as seguintes:

A) Actuacións en elementos exteriores con protección especial.

1. Acabamentos de fachada segundo a tipoloxía da zona.

2. Carpintería exterior segundo a tipoloxía da zona.

3. Cubertas segundo a tipoloxía da zona.

B) Outras actuacións.

1. Obras dirixidas a garanti-las condicións hixénico-sanitarias e de habitabilidade.

2. Acondicionamento térmico, illamentos e estanqueidade da vivenda.

3. Mellora das instalacións eléctricas e adecuación ó regulamento de baixa tensión.

4. Adaptación da vivenda para uso de minusválidos.

5. Supresión de elementos engadidos.

6. Acabamentos interiores.

7. Reforzo e substitución parcial de elementos estructurais, quedando excluídas as reconstruccións totais das casas en ruína ou como consecuencia de demolición ou baleirados da edificación primitiva.

2. Estas actuacións poderán solicitarse para a ampliación do espacio habitable dentro dos límites da edificación existente, quedando excluídas tódalas actuacións en vivendas con ampliacións que supoñan aumento ou modificación do volume da edificación primitiva feitas cunha antigüidade inferior ós 15 anos.

As devanditas actuacións deberán, así mesmo, respectar e mante-las características tipolóxicas valiosas da edificación primitiva, conservando tódolos elementos merecentes de protección polo seu valor artístico, histórico, arquitectónico ou da tipoloxía tradicional.

Artigo 5º.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas, propietarias ou usufructuarias, co consentimento do nu propietario, das vivendas rurais que pretendan a súa rehabilitación para uso propio, que obteñan uns ingresos familiares ponderados que non

excedan de 2,5 veces o salario mínimo interprofesional e que veñan residindo nos últimos cinco anos dentro do termo municipal onde está situada a vivenda que se vai rehabilitar.

Ós galegos residentes no exterior da Comunidade Autónoma non se lles esixirá o requisito de residencia e poderán optar ás axudas sempre que cumpran os demais requisitos; ós retornados nos últimos cinco anos esixiráselle-lo requisito de residencia unicamente desde o seu retorno.

As persoas físicas que residan, sen pagaren renda ningunha, en vivendas propiedade de institucións privadas sen fins de lucro, poderanse acoller ás axudas achegando o documento de autorización da institución correspondente. Tanto a vivenda obxecto de rehabilitación como o solicitante das axudas deberán reuni-los demais requisitos esixidos neste decreto.

Artigo 6º.-Axudas.

1. A Comunidade Autónoma de Galicia, con cargo ós orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo e dentro das dispoñibilidades orzamentarias que poidan consignarse en cada exercicio económico, que se cuantificarán nas respectivas ordes anuais, poderá subvenciona-las actuacións de rehabilitación recollidas no artigo 4º nas contías seguintes:

1.1. As actuacións comprendidas dentro da alínea A) do referido artigo acadarán unha subvención do 40% do orzamento protexible.

1.2. As actuacións comprendidas dentro da alínea B) terán unha subvención do 30% do orzamento protexible.

2. O orzamento protexible obterase por aplicación dos prezos que figuren no catálogo de traballos que figura no anexo I da presente disposición.

3. Os importes mínimo e máximo do orzamento protexible cífranse nas cantidades de 2.000 e 13.500 euros, respectivamente.

4. As axudas da presente disposición atenderanse da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que determinarán:

1. A aplicación do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, onde figuran os créditos para esta finalidade, con cargo á que serán atendidas as ditas axudas.

2. O importe máximo das axudas que se poderán outorgar dentro de cada exercicio orzamentario.

Artigo 7º.-Ingresos familiares.

Para os efectos do determinado no artigo 5º da presente disposición enténdese:

1. Por ingresos familiares a contía, en número de veces o salario minimo interprofesional, da parte xeral e especial da base impoñible reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sobre a renda das persoas físicas, isto é, antes de proceder ás deduccións dos mínimos persoal e familiar, e correspondente á declaración do solicitante e ás declaracións de cada un dos demais membros da unidade familiar, presentadas no período impositivo inmediatamente anterior (con

prazo de presentación vencido) á solicitude das axudas.

Se o interesado non presentase declaración por non estar obrigado a iso, a acreditación dos seus ingresos familiares efectuarase mediante declaración responsable, relativa ás mencionadas parte xeral e especial da base, reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sen prexuízo do achegamento dos documentos acreditativos que se establecen para a súa comprobación no artigo 8º desta disposición.

2. Por ingresos familiares ponderados, os resultantes de lles aplicar ós ingresos familiares o seguinte coeficiente multiplicador de ponderación en función do número de membros da unidade familiar:

Familias de 1 membro: 1.

Familias de 2 membros: 0,95.

Familias de 3-4 membros: 0,90.

Familias de 5-6 membros: 0,85.

Familias de máis de 6 membros: 0,80.

3. Por unidade familiar tal e como resulta definida polas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas.

As referencias á unidade familiar, para efectos de ingresos, fanse extensivas ás persoas que non estean integradas en ningunha unidade familiar.

4. No caso dos galegos residentes no estranxeiro, os ingresos na moeda propia do país no que se obteñan calcularanse en función do seu contravalor en euros, aplicando o primeiro cambio oficial fixado para o comprador no mercado de divisas no ano seguinte ó que se refiran os ingresos.

Artigo 8º.-Solicitudes.

1. As solicitudes para a rehabilitación protexida das vivendas presentaranse nas delegacións provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo que correspondan por razón da situación da vivenda ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, axustándose ós modelos que figuran no anexo II desta disposición.

2. Os documentos que se deben achegar á solicitude de rehabilitación protexida son os seguintes:

a) Fotocopia compulsada do DNI e do NIF do solicitante.

b) Memoria descritiva de tódalas obras que se pretenden realizar de entre as incluídas no artigo 4º do presente decreto e xustificación de que estas se adaptan á tipoloxía tradicional da zona. Terá que ser subscrita polo solicitante e polo técnico correspondente cando as obras precisen dirección facultativa.

c) Plano de localización da vivenda no que figure o nome da parroquia, do lugar, da rúa e o número ou denominación da casa.

d) Fotografías actuais de tódalas fachadas da vivenda e das partes que se van rehabilitar.

e) Fotocopia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ó exercicio inmediatamente anterior ó momento da solicitude e certificado das rendas expedido, nos termos do Real decreto 1190/2000, do 23 de xuño, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

De non estar obrigado a presenta-la declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación emitida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria para os que presentaron o modelo de solicitude de devolución 104-105, e certificado acreditativo do nivel de rendas do correspondente exercicio expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Nos demais casos, declaración responsable de tódolos ingresos obtidos e certificado acreditativo do nivel de rendas do correspondente exercicio, expedido pola Axencia Estatal da Administracion Tributaria que corresponda, xuntando, ademais, os seguintes documentos: declaración das circunstancias familiares, certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas que estivese de alta no devandito exercicio e, se é o caso, certificado de pensións, ou prestacións periódicas, certificado do Inem, e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

No suposto dos emigrantes, a xustificación dos ingresos familiares efectuarase mediante copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas presentada en España, ou da similar presentada no país onde presten os seus servicios, autenticada, se é o caso, pola agregadoría laboral correspondente ou delegación consular de España.

f) Certificado municipal de situación da vivenda segundo o disposto no artigo 2º do presente decreto.

g) A residencia nos últimos cinco anos dentro do termo municipal onde está situada a vivenda para rehabilitar acreditarase mediante certificación do padrón municipal de habitantes.

h) Informe técnico municipal de que as actuacións de rehabilitación que se soliciten están conformes coa legalidade urbanística vixente neste municipio.

i) Documentos que acrediten que o solicitante é o propietario ou usufructario da vivenda que se vai rehabilitar e, de se-lo caso, a autorización da institución correspondente prevista no artigo 5º do presente decreto.

j) Documentación acreditativa da antigüidade da vivenda.

k) Declaración do conxunto de tódalas subvencións solicitadas ou concedidas, para as actuacións obxecto desta solicitude, das administracións públicas ou doutros entes públicos.

3. A presentación da solicitude supoñerá que a Comunidade Autónoma poderá facer uso da información de carácter tributario ou económico que fose legalmente pertinente ou solicitala, no marco da colaboración que se estableza, da Axencia Estatal

de Administración Tributaria ou doutras administracións públicas, para o cumprimento dos fins relacionados directamente coas funcións de outorgamento e aboamento das subvencións.

4. As solicitudes presentaranse nas delegacións provinciais do IGVS que correspondan por razón da situación da vivenda, ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes asinadas polos galegos residentes no exterior da Comunidade Autónoma poderán presentarse nas entidades galegas dos lugares de residencia que teñan recoñecida a galeguidade ou estean consideradas como colaboradoras, as cales deberán remitilas en todo caso á Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Esta consellería remitirá as solicitudes á Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo que corresponda en función da localización da vivenda.

Será preceptivo o informe da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior para toda solicitude presentada polos galegos residentes no exterior.

Artigo 9º.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día da entrada en vigor da presente disposición e rematará o día 30 de decembro de 2005.

A finalización do prazo de presentación de solicitudes poderase modificar por orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en función dos recursos orzamentarios e do número de solicitudes presentadas.

Artigo 10º.-Declaración provisional.

Á vista da documentación presentada e logo das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo procederá a outorga-la declaración provisional de rehabilitación protexida, no caso de cumpri-los requisitos esixidos, ou a denegala no caso de non cumprilos.

A declaración provisional comprenderá as actuacións que se van realizar, o prazo de execución das obras e o seu orzamento.

O prazo de execución non poderá exceder dun ano a partir da data de notificación da declaración provisional de rehabilitación protexida.

Excepcionalmente por causa xustificada e por petición motivada do promotor, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido que non exceda da metade del.

O non cumprimento dalgún dos requisitos establecidos na presente disposición ou o feito de que as actuacións de rehabilitación obxecto da solicitude xa estiveran realizadas con anterioridade ó momento da solicitude das axudas, será motivo de denegación expresa e motivada da declaración provisional de rehabilitación protexida do expediente.

Artigo 11º.-Declaración definitiva.

O beneficiario, unha vez executadas as obras declaradas dentro do prazo concedido para o efecto, disporá dun prazo de 15 días para comunicar por escrito á Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo a súa finalización, xuntando fotografías que mostren as obras realizadas. A inactividade do interesado dará lugar á denegación da declaración definitiva por incumprimento das condicións de outorgamento da subvención.

O delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, á vista da documentación presentada, logo das comprobacións e inspeccións que se consideren oportunas, procederá a outorgar ou denega-la declaración definitiva de rehabilitación protexida para o expediente con notificación ó interesado.

Será motivo de denegación da declaración definitiva non executa-las obras obxecto da declaración provisional dentro do prazo concedido para o efecto.

Non obstante, poderá outorgarse a declaración definitiva naqueles casos en que, cumpridos os demais requisitos, con excepción do referido ó importe mínimo do orzamento protexible, se comprobe que as obras executadas de entre as declaradas provisionalmente, acadan como mínimo o 50% do orzamento.

Artigo 12º.-Concesión da subvención.

A concesión da subvención efectuarase por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, por proposta do delegado provincial, unha vez obtida a cédula da declaración definitiva de rehabilitación protexida. Na resolución de concesión constará o importe da subvención concedida, así como a obriga de destina-la vivenda rehabilitada a residencia habitual e permanente do beneficiario durante o prazo, como mínimo, de 5 anos, contados a partir da notificación da dita concesión.

No caso dos galegos residentes no exterior da Comunidade Autónoma, esta obriga limitarase á residencia na vivenda rehabilitada durante polo menos trinta días ó ano, no mesmo período.

Contra as resolucións de declaración provisional e definitiva de rehabilitación protexida e de concesión da subvención poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da notificación da resolución.

Non obstante, se non existise crédito orzamentario, resolverase a concesión no momento en que exista cobertura orzamentaria.

Os beneficiarios, unha vez obtida a declaración definitiva de rehabilitación protexida e dictada a resolución de concesión da subvención e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto das distintas administracións públi

cas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Deberán, así mesmo, acreditar que se atopan ó día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 13º.-Facultade de inspección.

1. Desde o momento da presentación da solicitude poderanse realizar tódalas inspeccións ou comprobacións que se consideren oportunas para verifica-la exactitude dos datos achegados, a execución das obras aprobadas ou o destino da subvención concedida.

2. Os beneficiarios están obrigados a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas ou o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 14º.-Garantías.

1. O incumprimento das condicións establecidas para a concesión da subvención suporá, ademais das sancións que puideran corresponder, a obriga do reintegro por parte do beneficiario dos recursos achegados polo IGVS, incrementados co xuro legal correspondente desde o seu aboamento.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión das axudas.

Artigo 15º.-Prazos de resolución.

De acordo co artigo 42.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, o prazo máximo establecido para resolver e notifica-las resolucións de declaración provisional e definitiva e de concesión da subvención será de seis meses. Así mesmo, segundo o disposto no artigo 44.1º da antedita lei, vencido o prazo máximo establecido sen que se dictara e notificara a resolución, os interesados poderán entender desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo.

Artigo 16º.-Compatibilidade.

Os beneficios establecidos na presente disposición:

1. Son compatibles, para as mesmas actuacións, coas axudas para a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos, sen que en ningún caso o total das subvencións concorrentes poida supera-lo 75% do orzamento protexible.

2. Son incompatibles con cualquera outra axuda con cargo ós orzamentos do IGVS ou do Ministerio de Fomento, destinadas ás mesmas actuacións.

3. Non poderán concederse a aquelas persoas que, ó abeiro de calquera norma autonómica reguladora de axudas para actuacións de rehabilitación ou reconstrucción, ou ó abeiro da normativa estatal dos plans de vivenda, as teñan solicitado nos catro exercicios inmediatamente anteriores ó da presentación da solicitude, coa excepción daqueles casos en que as solicitudes remataran o seu procedemento sen obter beneficio ningún.

Disposición adicional

Facúltase o consellerio de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para que, mediante orde, poida modifica-lo catálogo de traballos e os seus prezos, así como os importes mínimo e máximo do orzamento protexible.

Disposicións transitorias

Primeira.-As axudas económicas solicitadas dentro de prazo ó abeiro de convocatorias anteriores seguirán tramitándose conforme a normativa aplicable a elas, ben que o seu outorgamento quedará supeditado ó cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente sobre outorgamento de subvencións e, en especial, dos establecidos no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 8/1999, do 30 de decembro.

Así mesmo, a tramitación administrativa levada a cabo conforme a normativa anterior entenderase sempre sen prexuízo da aplicación da normativa en vigor reguladora do réxime e control da aplicación das subvencións públicas.

Segunda.-Os solicitantes de subvencións para a rehabilitación da súa vivenda rural ó abeiro do Decreto 304/2000, do 21 de decembro e da Orde do 20 de febreiro de 2001 ós que lles foran denegadas as súas solicitudes por falta de recursos dispoñibles en aplicación do artigo 10º do devandito decreto, poderanse acoller á normativa e ós beneficios da presente disposición se así o solicitan. Neste caso tomaranse como referencia os ingresos, orzamento e prezo das actuacións e demais circunstancias que no seu día motivaron a proposta de aprobación, tramitándose nos demais aspectos conforme a normativa do presente decreto.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 304/2000, do 21 de decembro e Orde do 20 de febreiro de 2001 que o desenvolve, así como todas aquelas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó establecido neste decreto, sen prexuízo do establecido na disposición transitoria.

Disposición derradeira

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda poderá dictar, no marco das súas com

petencias, as disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do presente decreto.

Santiago de Compostela, vinte de xuño de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Nº ord.

Actuacións

Ud.

Prezo máx.

euros

A) Actuacións en elementos exteriores con protección especial.
1. Acabamentos de fachada segundo a tipoloxía da zona.
E026Cachotería con espesor mínimo de 25 cmm85,82
E029Peza especial, peaña, perpiaño, bufarda, cornixa, escudo, etc., incluíndo estadas e medios auxiliares necesarios. O prezo desta unidade xustificarase mediante orzamento específicoUd.Para xustificar
E030Revestimento de fachadas con pintura exteriores. Deduciranse os ocos maiores de 1 mm8,58
E031Encintaxe de fábricas de pedra de fachadas, con argamasa de cemento 1:3 ou argamasa bastarda, segundo o tipo de pedra da zonam7,87
E052Raxadura, mestreado e fratasado de fachadas, de 12 a 15 mm de espesor, con argamasa bastarda e posterior pintado con pintura exterioresm19,31
E053Limpeza de fachadas de pedra, con emprego de auga a presión, solucións disolventes, funxicidas, cepillos de arame e/ou raíces, etcm7,15
E055Picado de raxaduras de argamasa de cemento ou bastardos, sobre fachadasm7,15
E060Rebocadura de fachadas con argamasa monocapa continua de 15 mm de espesor mediom17,88

2. Carpintería exterior, segundo tipoloxía da zona.
E061Revestimento sobre carpintería exterior de madeira con pintura ó aceite ou tipo lasur, logo de decapaxe de pinturas existentes, lixadura, selaxe, relixadura e imprimación con tratamento protectorm42,91
E062Restauración de ventás de madeira, con substitución de elementos deteriorados, recuperación de ferraxes, tapado de fendas, gretas e buratos con resina epoxy-madeira, lixadura dos enmasillados, aplicación en superficie de aceites vexetais ou ceras naturais, incluso pequeno material, e retirada de cascallosmPara xustificar
E063Revestimento sobre carpinteria exterior de aceiro con pintura sintética para intemperie, unha man de imprimación antioxidante e dúas de acabamento logo de preparación da superficiem9,51
E056Porta balconeira de madeira con contraventá, acristalada con dobre vidro con cámara, sobre marco de madeira incluídas ferraxesm221,71
E033Porta de balcón de PVC ou aluminio lacado, incluído acristalamento dobre con cámaram171,65
E034Restauración de elemento singular de ferro forxado (balcón, reixa, ferraxe, etc.), de acordo coa tipoloxía da construcción, incluíndo colocación, estadas e medios auxiliares necesarios.O prezo desta unidade xustificarase mediante orzamento específicoUd.Para xustificar
E035Porta de entrada de madeira maciza, incluídas ferraxes de seguridadeUd.536,40
E064Porta de entrada, en aluminio lacado, incluído acristalamento e ferraxes de seguridadeUd.328,60
E065Porta de entrada, en PVC, incluído acristalamento e ferraxes de seguridadeUd.500,64
E066Ventá ou porta de balcón de madeira de castiñeiro ou teca, para pintar ou vernizar sobre cerco de pedra, das mesmas características que a existente, con vidro sinxelo de 4 mm sen bordón, colocado con masilla ó exteriorm215,26
E036Ventá con contraventá, de madeira para pintar ou vernizar, incluído acristalamento, sobre marco de madeiram228,87
E067Ventá xiratoria de madeira para vertente de cuberta con dobre acristalamento con cámaram207,41
E068Galería de madeira de castiñeiro, teca, cedro con módulos de dimensións de ata 1,10 mx3,0 m, con parte fixa ata 90 cm e ventás de guillotina con vidro sinxelo, con protección antiparasitaria da madeira totalmente instaladaMod.723,68
E069Carpintería de aluminio lacado en ventás ou galerías, incluído acristalamentom178,80
E070Carpintería de PVC en ventás ou galerías, incluído acristalamentom228,87

Nº ord.

Actuacións

Ud.

Prezo máx.

euros

E098Restauración de balcóns de madeira, con substitución de elementos deteriorados, recuperación de ferraxes, tapado de fendas, gretas e buratos con resina epoxy-madeira, lixadura dos enmasillados, aplicación en superficie de aceites vexetais ou ceras naturaisUd.Para xustificar

3. Cubertas segundo a tipoloxía da zona.

Cando as obras inclúan modificación, reforzo ou substitución da estructura sustentante, unha vez realizadas, deberá achegarse certificado de técnico competente acreditativo de que o edificio posúe a debida solidez estructural.

E019Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, colocada con ganchos de aceiro inoxidablem20,74
E071Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, sobre pranchas de fibrocemento, incluídas estasm38,62
E020Cuberta de lousa, colocada sobre listóns ou entaboado de madeira con ganchos de aceiro galvanizado. Medición en plantam29,01
E048Cuberta de tellas cerámicas planas, en cubertas de tella plana, colocadas con puntas de aceiro. Medición en plantam18,60
E072Reparación de cuberta de tella vella curva ou plana, procedente da demolición, achegando un 40% das pezasm17,53
E073Estructura de listóns de piñeiro vermello tratado de 20x40 mm cravado con puntas de aceiro, para cuberta de lousa. Medición en plantam7,49
E074Entaboado de madeira sobre viguetas de forxado, cangos de cuberta ou pontóns, incluído protector, cravado con cravos de aceirom36,36
E075Baixante de PVCm18,22
E076Baixante de zinc-cobre-titaniom19,65
E077Baixante de chapa de aceiro prelacado de 0,6 mm de espesor ou aluminiom12,89
E078Gardacanos de fundición de ata 2 m de altura para protección de baixantesUd.107,28
E022Cano de PVCm9,89
E079Cano de chapa de zinc-cobre-titaniom27,03
E080Cano de chapa de aceiro prelacado ou aluminiom24,26
E081Formación de cuberta con estructura de vigas ou cimbros, pontóns ou cangos de madeira, con protección antiinsectosm71,52
E082Forxado inclinado de formigón armado de cuberta, segundo EHEm53,64
E083Cuberta de tella cerámica curva, sobre placas de fibrocemento, incluso vertentes de estructura de madeira con protección antiinsectos. Medida en plantam145,86
E084Cuberta de lousa de 3-4 cm de espesor aproximado sobre ripas, incluso vertentes de estructura de madeira, con protección antiinsectos. Medida en plantam107,28
E085Cuberta de tella cerámica curva sobre placas de fibrocemento incluso estructura de formigón armado. Medida en plantam92,14
E086Cuberta de lousa sobre ripas, incluso estructura de formigón armado, segundo EHE. Medida en plantam95,54
E099Reparación parcial de elementos estructurais de cuberta de madeiraUd.Para xustificar

B) Outras actuacións.

1. Obras dirixidas a garanti-las condicións hixiénico-sanitarias e de habitabilidade.

001Arqueta de saneamentoUd.50,06
087Canalización de saneamento en PVCm16,45
004Fosa séptica prefabricada, prefiltro incorporado, capacidade 12 persoas; instalación soterrada cun volume de 2,2 m, segundo NTE/ISD-4 con certificado do fabricante ou distribuidor da correcta montaxeUd.1.180,09
006Lavabo con billas monomando, incluso conexiónsUd.150,19
008Bañeira con billas monomando, incluídas conexiónsUd.164,50
009Bidé con billas monomando, incluídas conexiónsUd.128,74
010Inodoro, totalmente instaladoUd.164,50
011Quentador instantáneo de auga quente de gas, de caudal mínimo 10 l/min. acendido automático pezoeléctrico, incluída instalación necesaria e boletín de instaladorUd.300,39
088Termo eléctrico de aceiro inoxidable para producción e acumulación de auga quente,min. 60 l de capacidade, incluída instalación eléctrica e proba de estanquidadeUd.404,81
012Conexión á rede xeral de auga, incluso contadorUd.178,80
013Instalación de desaugadoiro para lavadora ou lavalouzas á rede saneamento con tubo PVC sanitaria serie C diámetro exterior 40 mmUd.29,38
014Depósito de auga con capacidade de mil litros que non sexa visible desde o exteriorUd.324,55
015Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e un bañoUd.829,64

Nº ord.

Actuacións

Ud.

Prezo máx.

euros

007Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e dous bañosUd.1.144,33
058Instalación de gas no interior de vivenda, incluído boletín do instaladorUd.250,32

2. Acondicionamento térmico, illamento e estanquidade da vivenda.
039Formación de cámara de aire, composta por fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado de canto e tomado con argamasa de cemento, illamento con prancha de poliestireno expandido de densidade 20 kg/m e 40 mm de espesorm15,95
089Impermeabilización de terraza ou balcón existente con lámina asfáltica de betume en quente, incluído o illamentom32,18
041Acristalamento dobre tipo Climalit, formado por dous cristais de 6 mm e cámara de airem48,63
042Instalación completa de calefacción en vivenda, composta por: caldeira individual mixta (de gas, gasóleo ou propano), para calefacción e auga quente, con vaso de expansión e bomba de recirculación incorporada; incluídas tódalas conexións, tubaxes con coquillas illantes, termóstato ambiente; radiadores, probas de estanquidade e boletín de alta.

Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100 m e manterase para superficies maiores. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela

Ud.5.721,64
044Acumulador, composto alomenos por material cerámico de acumulación, regulador electrónico de carga e limitador de seguridadeUd.572,16
090Adaptación de instalación eléctrica para calefacción por tarifa nocturna, consistente en circuíto eléctrico para acumuladores, adaptación do cadro de distribución, reloxo dobre tarifaUd.572,16

3. Mellora das instalacións eléctricas e adecuación ó regulamento de baixa tensión.
045Instalación eléctrica en vivenda para un grao de electrificación medio, conforme os vixentes regulamentos e normas da compañía subministradora: incluso entrega do boletín.

Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100 m e manterase para superficies maiores. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela

Ud.1.966,81

4. Adaptación da vivenda para uso de minusválidos.
046Adaptación da vivenda para uso de minusválidos, con supresión de barreiras arquitectónicas, conforme a normativa vixenteUd.Para xustificar

5. Supresión de elementos engadidos.
047Obras que se realicen para eliminación de elementos non tradicionais (plaquetas en fachada, fibrocemento, etc.) engadidos á edificación.

Nota: o importe xustificarase mediante orzamento específico

Ud.Para xustificar

6. Acabamentos interiores.
049Porta de paso trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado de madeira, incluídas ferraxes de colgadura e pecheUd.126,48
050Sollado ou banzos de escaleira de madeira de tarima ou parqué, incluído vernizado e rodapém43,27
091Porta de paso de taboleiro aglomerado de media densidade rechapado en madeira, para vernizar ou pintar, incluídas ferraxes de colgadura e pecheUd.166,15
092Falso teito de latas de madeira de piñeiro, cravadas sobre listóns de madeira, vernizadom42,91
093Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas de gres porcelánico, incluso rodapé do mesmo materialm36,66
094Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas de terrazo, incluso rodapé do mesmo materialm30,18
096Falso teito de escaiola referido a zonas rehabilitadasm8,86
097Pintura en paramentos interiores, en dependencias rehabilitadasm3,90
018Revestimento de paramentos interiores con azulexom18,60
059Fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado de canto tomado con argamasa de cemento, raxadura, mestreado previo, revestido por unha das súas caras con azulexo, e pintado pola outra cara, en baños e cociñasm51,21

7. Reforzo e substitución parcial de elementos estructurais. Quedan excluídas as reconstruccións totais das casas en ruína ou como consecuencia de demolicións e baleiramento da edificiación primitiva.
051Reparación de estructuras, substitución e reforzo de elementos estructurais. Unha vez realizadas as obras deberá achegarse certificado de técnico competente acreditativo de que o edificio posúe solidez estructuralViv.Para xustificar

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA