Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 19 de xuño de 2002, acordou a aprobación inicial da modificación puntual número 2 das norma subsidiarias de planeamento do concello (piscina municipal) en Fornelos, na parroquia de Vedra, deste termo, segundo o proxecto redactado para o efecto, que recibiu informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 8 de maio de 2002.

Exponse ó expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que as persoas que se consideren prexudicadas ou afectadas poidan formula-las alegacións que consideren procedentes.

Vedra, 24 de xuño de 2002.

Odón C. Cobas García

Alcalde