Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a poxa das casetas da praza de abastos que se relacionan a continuación:

Nº de caseta/naveActividade

NC155 (nave 6)Carnicería

NC227 (nave 7)Froitas e legumes

NC228 (nave 7)

NC329 (nave 8)Froitas e verduras

Orzamento de licitación: establécese como tipo de licitación para cada caseta o seguinte:

NC155 (nave 6)3.005,06 A

NC227 (nave 7)3.005,06 A

NC228 (nave 7)3.005,06 A

NC329 (nave 8)3.005,06 A

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

As ofertas realizaranse de xeito independente para cada caseta.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de quince días naturais, que comezará a contar e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: non se esixe.

Apertura de ofertas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do segundo día hábil, non sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación). Tfno.: 981 54 30 33, fax: 981 57 76 27.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde