Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

AVISO do 22 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de concentración parcelaria de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Santa María de Budiño (O Pino-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 36/1993, do 1 de febreiro (DOG nº 39, do 26 de febreiro de 1993), que se anuncia que os traballos de investigación da propiedade para efectos de concentración, darán comezo ó día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia e prolongaranse por un período de quince días hábiles, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.

Requírense ós propietarios, alugados e parceiros e en xeral, ós cultivadores e titulares de calquera dereito, para que dentro do indicado prazo, presenten ó persoal encargado dos meritados traballos, os títulos en que funden os seus dereitos e declaren en todo caso os gravames ou situacións xurídicas que afecten os seus predios ou dereitos.

Requírense tamén a cantos actualmente utilizan augas públicas, para que indiquen na leira ou leiras que regan con esta, así como se está inscrito o aproveitamento en Augas de Galicia ó seu favor ou ó doutra persoa, ou noutro caso, data desde a que veñen utilizando as augas públicas, por si ou polos seus causantes, acompañando en todo caso, as probas que acredite esta situación.

Advírteselles ós propietarios das leiras que non aparecesen neste período, que estas serán consideradas como de descoñecidos e daráselle-lo destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de con

centración parcelaria para Galicia, igualmente advírtese que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e prexuízos que se deriven da dita falsidade ou omisión.

Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Santa María de Budiño do Concello do Pino, polo tanto, os propietarios destas deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 22 de maio de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO