1. Entidade adxudicadora.
Organismo: Consellería de Industria e Comercio.
Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.
Número de expediente: 1/2002 DXI.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: asistencia para o seguimento da implantación de infraestructuras de gas natural e eléctricas de Galicia, a planificación sectorial enerxética e os desenvolvementos lexislativos asociados.
Prazo de execución: comezará o día seguinte ó do asinamento do contrato, e finalizará o 31 de decembro de 2003.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 136.000 euros, IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (2.720 euros).
6. Obtención de documentación e información.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Teléfono: 981 54 54 48.
Fax: 981 54 49 49.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica e financeira, de conformidade co artigo 16.1.a) e c) do TRLCAP, mediante informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios, e relacionadas co obxecto do contrato. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.
Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do TRLCAP, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular, do persoal responsable da execución do contrato, e por medio dunha relación dos principais traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados delas.
Lugar de presentación:
Entidade: Rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme ó artigo 89 do TRLCAP.
Admisión de variantes (concurso): non se admiten.
8. Apertura das ofertas.
Entidade: Consellería de Industria e Comercio.
Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.
Hora: dez horas.
9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2002.
P.D. (Orden 20-12-2001, DOG nº 250)
Jesús Vázquez San Luis
Secretario xeral da Consellería de Industria
e Comercio
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL