Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite ordinario, para a adquisición de uniformes para persoal subalterno desta consellería e conductores do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de vestiario de conductores do Parque Móbil da Xunta e subalternos da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) División por lotes e número:

Lote 1: 47.337,45 euros (roupa).

Lote 2: 10.391,15 euros (calzado).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 57.728,60 euros.

5. Garantías.

a) Garantía provisional: 1.154,57 euros.

b) Garantía definitiva: 4% sobre o importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

A documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: calquera dos establecidos nos artigos 16 a 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares, debe figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre nº 1 o certificado do mencionado rexistro.

c) Lugar de presentación.

Entidade: rexistro xeral da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Domicilio: San Caetano.

Localidade: Santiago de Compostela (ou na forma establecida no punto 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: si se admiten.

9. Apertura de ofertas: será en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día natural, contado desde o seguinte ó termo do prazo para presenta-las ofertas. De coincidir este en sábado, realizarase o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2002.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA