Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 05 de xullo de 2002 Páx. 10.537

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (788/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fai saber que neste Xulgado do Social, se segue procedemento nº 788/2001 por instancia de Josefa Fernández Pais, contra María Teresa Suárez Casal, sobre cantidade, estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 16 de decembro de 2002 ás nove horas trinta e cinco minutos, cítanse en única convocatoria, á empresa María Teresa Suárez Casal, que tivo o seu domicilio en Doutor Maceira 6 de Santiago de Compostela, e hoxe en paradoiro ignorado para que xunto con tódolos medios de proba de que se intente valer, compareza neste xulgado, sito na r/ Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advírteselle que as sucesivas dilixencias, se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está á súa

disposición na secretaría desta xuzgado. Refírese á demandada para que achegue ó acto de xuízo os seguintes documentos: libro de matrícula de persoal; recibos de salario do acto e contrato de traballo do demandante. Cítase así mesmo, a un representante legal da referida empresa cos apercibimentos do artigo 91.3º da Lei de procedemento laboral, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento a María Teresa Suárez Casal, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 27 de maio de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA