Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.500

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

PROBAS de selección de persoal sanitario facultatito e non facultativo.

En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, a dirección da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira anuncia a convocatoria de probas de selección de persoal sanitario facultativo e non facultativo co fin de proceder a cobertura das prazas que máis abaixo se reseñan.

Na súa virtude, a dirección da fundación fai pública a convocatoria de selección para a cobertura inicial dos seguintes postos de traballo: 2 prazas de especialista en pediatría (ref. PED), 1 praza de especialista en nefroloxía (ref. NEF), 1 praza de especialista en hematoloxía (ref. HEM), 1 praza de especialista en hospitalización a domicilio (ref. HADO), 1 praza de especialista en radioloxía (ref. RAD), 1 praza de farmacéutico (ref. FARMA), 1 praza de fisioterapeuta (ref. FISIO), segundo as seguintes bases:

Titulacións: as correspondentes vía MIR ou equivalente. Para a praza de HADO a especialidade esixida é a medicina interna ou medicina familiar e comunitaria. Para a praza de fisioterapeuta a titulación

académica correspondente de diplomado en fisioterapia.

Experiencia e formación: formación postgrado; experiencia vía MIR e FIR no caso da praza de farmacéutico. Para praza de fisioterapeuta valorarase formación e experiencia hospitalaria.

Tipo de contrato: a contratación do persoal que resulte seleccionado someterase ó disposto no Estatuto dos traballadores para o contrato indefinido, cun período de proba de 6 meses.

Procedemento de selección: artellarase a través dunha proba eliminatoira sobre a especialidade profesional correspondente e posterior entrevista persoal con valoración de méritos relativos a formación e experiencia. A selección será efectuada por unha comisión designada para o efecto.

Puntuación final e aspirantes seleccionados: coa suma das puntuacións outorgadas confeccionarase a lista final por orde de puntuación alcanzada por cada aspirante, resultando seleccionado o aspirante de máxima puntuación.

Se se considerase que os candidatos nalgunha das prazas no reunisen os requisitos mínimos, declararase deserta a convocatoria.

Igualmente, si se modificase a necesidade de cobertura das citadas prazas, a dirección da fundación poderá modifica-lo número de prazas que haxa que seleccionar dentro de cada unha das categorías convocadas.

Inicio das probas: as probas no serán realizadas antes dun mes contado desde a data de publicación desta convocatoria no DOG.

Solicitude de participación: os aspirantes deberán remitir o seu currículum vitae detallado, con acreditación documental dos méritos alegados, á Fundación Pública Virxe da Xunqueira domiciliada en Lg./ Recheo, s/n, Paseo Marítimo, 15270 Cee, A Coruña, no prazo non prorrogable de 20 días naturais, contados desde o mesmo día da publicación deste anuncio no DOG indicando no sobre a referencia correspondente, logo do pagamento da cantidade de 46,61 A para a praza de titulado superior e de 40,75 A para a praza de diplomado universitario, do que achegará xustificante de pagamento, en concepto de taxas por probas de acceso, que se ingresarán na conta do Banco Santander Central Hispano, número 0049-3563-12-2814021901. Teléfono de información: 981 70 61 87.

Incorporación: a formalización do contrato e a incorporación definitiva dos seleccionados producirase segundo as necesidades de posta en funcionamento dos correspondentes servicios do hospital.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital

Virxe da Xunqueira