Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2002 pola que se anuncia concurso para adxudica-la subministración dunha plataforma-góndola (multitrailer).

Obxecto: a subministración dunha plataforma-góndola (multitrailer) para ser ensamblada a un camión Scania mod. 4-2, conforme ás características técnicas que figuran no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 42.071 euros, IVE incluído e matriculada.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP.

Fianzas: a provisional do 2% do orzamento de licitación e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 27 de xuño de 2002.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado