Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 04 de xullo de 2002 Páx. 10.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2002 pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Lourenzá.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo subscribiu con data do 3 de febreiro de 2000 un convenio co Concello de Lourenzá para a promoción pública dun parque empresarial no dito municipio, situado na zona denominada Pousada, en terreos clasificados como solo apto para urbanizar (SAU 1) nas normas subsidiarias municipais, cunha superficie aproximada de 11,3 ha.

Así mesmo, foi formulado o oportuno plan parcial de ordenación do parque empresarial. O dito plan parcial establece como sistema de actuación o de expropiación.

No plan parcial de ordenación do parque empresarial establece a súa execución mediante o sistema de expropiación aplicable ó polígono único que comprende todo o seu ámbito e sen prexuízo da execución por fases das obras de urbanización.

Segundo dispón o artigo 54.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia: a aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística e de delimitación de polígonos que se van desenvolver polo sistema de expropiación implicará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados, para os fins de expropiación ou imposición de servidumes.

O presente expediente ten por obxecto a expropiación polo Instituto Galego da Vivenda e Solo dos bens necesarios para levar a cabo a execución do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Lourenzá, consistente na urbanización dos terreos e o seu destino para os fins previstos no plan.

Trátase dunha expropiación urbanística e, como tal, regulada na Lei 6/1998, de réxime do solo e valoracións (LRSV), na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG) e no Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, que aproba o Regulamento de xestión urbanística (RGU).

Segundo o artigo 118.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia: a execución dos plans polo sistema de expropiación pode ser obxecto de concesión administrativa ó ser asumida polos órganos ou entidades

da Administración actuante ou do Estado, en desenvolvemento de convenios que subscriban co respectivo concello.

Para os efectos de fixación do prezo xusto polo procedemento de taxación conxunta, para o seu pagamento ós propietarios afectados e ocupación dos predios afectados, confeccionouse o oportuno expediente, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 8/1988, de réxime do solo e valoracións, artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e artigos 201 e 202 do Regulamento de xestión urbanística.

O artigo 199.1º do RGU establece que a execución do plan polo sistema de expropiación dun polígono ou unidade de actuación determinado requirirá que a Administración actuante, ademais de proceder á delimitación do seu ámbito territorial, formule, conforme o previsto na lexislación de expropiación forzosa, unha relación dos propietarios existentes no dito ámbito, coa descrición dos bens e dereitos afectados.

O artigo 17.1º da Lei de expropiación forzosa establece que o beneficiario da expropiación estará obrigado a formula-la relación concreta e individualizada, na que se describan en tódolos seus aspectos, material e xurídico, os bens ou dereitos que considere de necesaria expropiación.

O artigo 36 LRSV establece que o prezo xusto dos bens e dereitos expropiados determinarase conforme o establecido no título III da presente lei, mediante expediente individualizado ou polo procedemento de taxación conxunta.

Así mesmo, o artigo 144.2º da LSG establece que a Administración actuante poderá aplica-lo procedemento de taxación conxunta ou segui-la expropiación individualmente; e o artigo 201 do RGU establece que: 1. No sistema de expropiación, o expropiante poderá optar entre segui-la expropiación individualizadamente para cada predio ou aplica-lo procedemento de taxación conxunta... 3. Se o órgano urbanístico optase polo procedemento de taxación conxunta, seguirase a tramitación regulamentada nos artigos seguintes.

Tratándose dunha expropiación urbanística, o presente expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta, ó abeiro do devandito artigo 144.2º da LSG.

Na súa virtude acórdase o inicio do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Lourenzá.

De conformidade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto de expropiación para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Lourenzá, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular no que concerne á titularidade ou valoración

dos seus respectivos dereitos. Acórdase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia. Así mesmo, as taxacións notificaranse individualmente ós que aparezan como titulares de bens e ou dereitos no expediente, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contados a partir da data de notificación.

Así mesmo, o expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, 6 e no Rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na avda. Ramón Ferreiro, 28. 27002 Lugo. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poderán presenta-las alegacións que estimen oportunas, por triplicado exemplar, nestas oficinas.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

Relación de bens e dereitos afectados:

PredioReferencia catastral:

Polígono-parcela

Propietario

Enderezo

Supf. mValor soloOutros

bens

para

valorar

Prezo xusto (incluíndo 5% premio de afección

43-788

Mª Josefa López Iglesias

Calvo Sotelo, 21

Lourenzá (Lugo)

3.6809.108Non

consta

9.563,40

73-785

José Cabaleiro Amieiro

Gullade, Villamor, 8

Lourenzá (Lugo)

3.1407.771,50Non

consta

8.160,08

83-784

Mª Carmen Piñeiro Iglesias

Avda. José Antonio, 12

Lourenzá (Lugo)

3.2408.019Non

consta

8.419,95

133-761

Hrdos. de Emeritos Cabaleiro Maseda

Avda. de Asturas Vilaxuane, 15

Foz (Lugo)

6.18015.295,50Non

consta

16.060,28

143-772

Hrdos. de Emeritos Cabaleiro Maseda

Avda. de Asturas Vilaxuane, 15

Foz (Lugo)

8502.103,75Non

consta

2.208,94

203-758

Juan López Iglesias

Calvo Sotelo, 23 Lourenzá (Lugo)

5.95014.726,25Non

consta

15.462,56

213-757

Miguel Ángel Pérez Pérez

Zamora, 77, 4º A

Vigo (Pontevedra)

2.7206.732Non

consta

7.068,60

223-756

Gonzalo Bouso Salvatierra

Ponte de Pedra, 35

Lourenzá (Lugo)

4.0209.949,50Non

consta

10446,98

233-775

Dolores López Rico

Coruxeiras, 5, Os Remedios

Mondoñedo (Lugo)

3.4808.613Non

consta

9.043,65

253-765

María Fernández Sante

Enderezo: descoñecido

7001.732,50398,26

Eucalipto

2.237,30

263-766

Luisa Fernández Sante

Enderezo: descoñecido

7401.831,50421,02

Eucalipto

2.365,15

Total:34.70085.882,591.036,89