Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.425

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por poxa aberta, da execución das obras de pavimentado de vías de Vigo (expediente 15032/240).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº expediente: 15032/240.

2. Obxecto do contrato: mellora de pavimento en vías de Vigo.

Lotes; si, tres.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: lote 1: 123.292,55 euros; lote 2: 50.785,52 euros e lote 3: 82.881,97 euros.

5. Garantía: provisional: non se esixen.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: lote 1 grupo G, subgrupo 4, categoría e. Para os lotes 2 e 3 non se esixe clasificación.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 14 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde