Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación, por concurso aberto, da subministración de xogos para parques infantís do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns. Nº expediente: 2339/446.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración de xogos para parques infantís: bambáns, xogos ximnásticos, múltiples, de resorte e de plástico moldeado.

Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.

Lotes: si, seis.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 10 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 7.212,15 euros; lote 2: 9.020,24 euros; lote 3: 9.015,18 euros; lote 4: 21.040,48 euros; lote 5: 9.015,18 euros; lote 6: 6.000 euros.

5. Garantía: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo.Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 14 de xuño de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde