Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO 1/2001).

De conformidade co artigo 121.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e ó intentarse a notificación referente á aprobación inicial da modificación da delimitación do polígono POL-H4.02 nas rúas Salgado Somoza e Disciplina a Joaquín Dorado Otero e Roberto Díaz Corral e á Sociedade Limitada Residencial Zalaeta, ó non poder practicarse, faise público a través deste diario oficial o acordo adoptado pola Comisión de Goberno Municipal en sesión realizada o 1 de febreiro de 2002 co obxecto de dar por correctamente intentadas a práctica das distintas notificacións.

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación da delimitación do polígono POL-H4.02 do documento de revisión e adaptación do PXOM, promovido por Cándido Iglesias Carballido e Outros, S.C., nas rúas Salgado Somoza e Disciplina.

Segundo.-Expoñer ó público, polo prazo de vinte días, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de anuncios do concello e xornais de maior circulación.

Terceiro.-Notifica-los propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio Municipal de Urbanismo, sito na rúa do Parque, sen número, en horario laboral, das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

Os gastos desta publicación serán aboados polo promotor da modificación da delimitación.

A Coruña, 20 de maio de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo