Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

EDICTO polo que se fai pública a convocatoria para a elección de xuíz de paz substituto do Concello de Bueu.

De conformidade co establecido no artigo 101 e concordantes da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz substituto deste termo municipal, conforme as seguintes bases:

1. Obxecto: a provisión do cargo de xuíz de paz substituto, por un período de catro anos.

2. Solicitudes: presentaranse no rexistro xeral do concello de 8 ás 14 horas de luns a venres e de 9.30 a 13 horas os sábados durante un prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia.

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Certificado de nacemento ou fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, xunto coa declaración xurada complementaria do solicitante referida a que non se atopa inculpado ou procesado.

c) Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.

3. Condicións legais: ser español e maior de idade, non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, agás actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica operarán con posterioridade o nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a devandita función, estar condenado por delicto doloso en canto non se obteña a rehabilitación, estar procesado ou inculpado por delicto doloso, en canto non se obteña a absolución ou sexa dictado auto de sobresemento e non atoparse en pleno exercicio dos dereitos civís.

Bueu, 21 de maio de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde