Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2002 pola que se acorda a remisión do anuncio de información previa correspondente á execución das obras que se citan.

1. Entidade adxudicadora e datos para a obtención da información.

Organismo: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Oporto, nº 1, edificio anexo 3ª planta; Vigo 36201. Teléfono: 986 81 35 56. Telefax: 986 81 38 57.

2. Obxecto do contrato.

Realización conxunta ou independente da/s obra/s correspondentes á facultade de Ciencias da Educación (2 fases), módulo de atletismo, Pavillón Polideportivo, Pavillón de Remo e Centro de Apoio á Transferencia de Resultados de Investigación.

Data prevista de inicio: de comezo de procedemento: dende o último trimestre do ano 2002 ó primeiro semestre do ano 2003; de comezo de obra: a partir do último trimestre do ano 2002.

3. Outras informacións.

Clasificación CPV:

45.21.40.00-0 - 45.21.44.00-4 - 45.21.46.00-6 45.21.22.25-9 - 45.21.22.13-2.

Custo estimado con IVE da obra:

Fase 1: edificio docente departamental (fase 1): 3.606.072,626 A.

Fase 2: edificio docente departamental (fase 2): 3.292.254 A.

Fase 3: módulo de atletismo: 841.416,946 A.

Fase 4: Pavillón Polideportivo: 901.518,157 A.

Fase 5: Pavillón de Remo: 138.040 A.

Fase 6: edificio CATRI: 1.863.540 A.

Principais condicións de financiamento:

As establecidas na Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 2/2000, do 16 de xuño (BOE 21-6-2000)).

4. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 7 de xuño de 2002.

Vigo, 7 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución rectoral 3-3-1999)

Augusto Viso Alonso

Xerente da Universidade de Vigo