Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Ganaderos de Caballos del Curro de Morgadáns.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Ganaderos de Caballos del Curro de Morgadáns, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: municipios de Gondomar e Tui.

Profesional: ser propietario de gando equino, dedicarse á cría do dito gando e promover e comercializa-los productos obtidos.

Asinan a acta de constitución: José Vicente Chamadoira Pérez e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 12 de xuño de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra