Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.409

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público a modificación dos estatutos da asociación denominada Agrupación Gallega de Empresas Laborales, que no sucesivo, e en virtude da dita modificación se denominará Agrupación Galega de Empresas Laborais (Agalel).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 28 de maio de 2002, certificación expedida polo secretario da dita asociación, José Juan Nimo Silva, onde se reflicten as modificacións estatutarias aprobadas no congreso extraordinario que tivo lugar o día 11 de outubro de 2001, entre elas a que fai referencia ó cambio de denominación da asociación que pasa a denominarse Agrupación Galega de Empresas Laborais (Agalel), e o cambio de domicilio social que queda fixado en rúa Os Chas, nº 5, Cambre (A Coruña).

Asinan a certificación que reflicte as ditas modificacións estatutarias o secretario da asociación, José Juan Nimo Silva, co visto e prace do presidente, Fernando Loriga Tomé.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais