Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/38).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, 15007, A Coruña.

Denominación: L.M.T. Pachote-Vilamateo.

Situación: Vilarmaior.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares, de 1.931 m de lonxitude, para

substituí-la existente entre o C.T. Pachote e o C.T. Vilamateo, no termo municipal de Vilarmaior.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

O propietario do predio nº 9 solicita que a liña se leve cara ó lado esquerdo, xunto á estrada e se se deixa como está, solicita ser indemnizado razoablemente.

Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. manifesta que o proxecto ten como fin substituí-la L.M.T. existente sobre postes de madeira discorrendo a maior parte do trazado polo actual.

Se a referida L.M.T. se separa 3 m do trazado actual debido á pista e ribados existentes que condicionaron a colocación do apoio nº 1, eliminaranse os apoios de madeira existentes na propiedade.

O propietario dos predios 15, 19, 31, 44, 46 e 51 manifesta que non está de acordo con que a liña pase por outro lado distinto de onde pasa agora, dado que lle afecta terreos que non eran afectados antes e quedan marxinados para a plantación ou edificación e que deben ser mellor pagados.

Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. manifesta que o trazado poxectado coincide co actual, eliminándose dos predios 15, 31 e 46 os apoios de madeira que teñen na actualidade. No predio nº 19 o trazado sepárase do actual reducíndose sensiblemente a superficie afectada, de forma que a L.M.T. proxectada non sobrevoa no predio. Referente á indemnización, poderá presentar no seu momento folla de aprecio a fin de que o xurado provincial de expropiación determine o prezo xusto.

O propietario dos predios 22 e 63 manifesta que non está de acordo con que a liña pase por outro lado distinto de onde pasa agora, dado que lle afecta terreos que non eran afectados antes e quedan marxinados para a plantación ou edificación, e que deben ser mellor pagados.

Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. manifesta que o proxecto ten como fin substituí-la L.M.T. existente sobre postes de madeira discorrendo na maior parte do trazado polo actual.

Na parcela 63 o trazado proxectado coincide co actual, mentres que na parcela 22 a afección e nova debido a que se intetou separa-lo tendido das vivendas existentes.

Referente á indemnización poderá presentar no seu momento folla de aprecio a fin de que o xurado provincial de expropiación determine o prezo xusto.

O propietario do predio 85 corrixe a lonxitude da liña de 58 ml a 62 ml, solicita unha nova medición en canto á superficie afectada, indica que non está

suficientemente razoada nin motivada a solicitude de D.P.U.

Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. indica que a medición se fará o día de levantamento de actas previas á ocupación. Indícase que se lle notificará para que poida comparecer. Referente á D.U.P., indica que a L.M.T. ten por obxecto substituí-la L.M.T. existente sobre postes de madeira e conductor de LA-30 discorrendo na súa maior parte polo trazado actual. O trazado na F-85 axústase ó existente sobre postes de madeira.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contando a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 31 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña