Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 03 de xullo de 2002 Páx. 10.352

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 207/2002, do 20 de xuño, de suspensión das normas subsidiarias de planeamento municipal de Ponteareas.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 119, do venres 21 de xuño de 2002, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 9.539, columna dereita, parágrafo último, liñas 11 e 12, onde di: «e polo solo apto urbanizar», debe dicir: «e polo solo apto para urbanizar».

Na páxina 9.543, no epígrafe 4.3 «Condicións de edificación», columna dereita, alíneas recollidas como a), b) e c), deberán renomearse como f), g) e h), respectivamente.

Na páxina 8.543, columna dereita, epígrafe 5.1, alínea a), onde di: «ordenanza 1.1 de núcleo», debe dicir: «ordenanza 1.1 de casco».