Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 02 de xullo de 2002 Páx. 10.310

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 25 de xuño de 2002 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designacion, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciado pola Orde do 22 de maio de 2002.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, por Orde do 22 de maio de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 28 de maio), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola

Lei 3/1995, do 10 de abril, e de confirmidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Medio Ambiente, anunciada pola Orde do 22 de maio de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 28 de maio).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtén praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de

marzo e tal como dispón a base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazo de posesión iniciarse cando remate o permiso ou licencia que, se é o caso, lle fose concedido ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-A xefatura do centro no que cause baixa o funcionario, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo señalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado a Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2002.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Apelidos e nome: Barreiros Fuentefría, Antolín.

NRP: 4444927868 A1146.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar/xeral.

Código posto: MA.C04.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a director xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nivel c. destino: 18.