Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

O Pleno Municipal, en sesión de 9 de maio de 2002, acordou a convocatoria mediante concurso da creación dun centro residencial de terceira idade, cívico social, cultural e xuvenil, aprobándose o prego de bases da convocatoria que rexerán a contratación, o que se fai público mediante o presente anuncio, podendo ser obxecto de exame e reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1996, do 18 de abril, durante o prazo de 8 días hábiles, contados a partir do seguinte da publicación deste edicto no BOP ou DOG; así mesmo coa excepción do artigo 122.2º anúciase a licitación:

Cadro de características do concurso:

1. Obxecto: concurso público para a creación dun centro residencial de terceira idade, cívico social e xuvenil, con cesión de terreos por esta entidade e o outorgamento de contribución económica ou en especie a súa construcción.

2. Tipo de investimento que se vai realizar: centro cun orzamento de execución por contrata de alomenos dous millóns de euros.

3. Plazo de duración: construcción nun período de dous anos, e formalización de convenio por 30 anos.

4. Clasificación do contratista: persoas xurídicas españolas ou estranxeiras, con plena capacidade de obrar, sen ánimo de lucro, que acrediten solvencia económica, financeira e técnica, e non afectadas por circunstancias prohibitivas para contratar.

5. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n, 27870 Xove), facilitarase así mesmo copia do prego de condicións; en persoa, ou por telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais; desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: non se esixe.

Xove, 17 de xuño de 2002.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario