Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.252

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Viveiro, na sesión ordinaria celebrada o día 31 de maio de 2002, aprobou inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Viveiro.

A aprobación inicial do plan xeral determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias naquelas zonas do territorio obxecto do planeamento, as novas determinacións das cales supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Non obstante, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

En cumprimento do que dispón o artigo 42.1º da Lei 1/1997, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados

poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que estimen oportunas.

Viveiro, 13 de xuño de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde