Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación de Vila.
Situación: Xove.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 370 m de lonxitude, conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a C.T.I. Veiga e final en C.T.I. Vila. C.T.I. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea con 1.780 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 23 de maio de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo