Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.225

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/190-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: r/ Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. avda. Concordia nº 63, edif. Porta Concordia.

Situación: Concello de Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 305 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde un apoio da L.M.T. Caldelas ata o C.T. que se proxecta na avda. Concordia nº 63, no edificio Porta Concordia, no Concello de Tui, de 400 kVA, R/T 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 25 m de lonxitude, con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra