Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.224

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de maio de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/180-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. del Parque, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T., C.T. y R.B.T. Quinteiro-Moalde.

Situación: Concello de Silleda.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 272 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. Silleda-Moalde, ata o C.T. que se proxecta en Quinteiro-Moalde, no Concello de Silleda, de 50 kVA, R/T 20 kV-380-220 V. R.B.T. aérea, de 1.380 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 20 de maio de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra