Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (111/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos dou fe e testemuño que no xuízo de faltas nº 111/2001 dictouse a seguinte cédula de citación:

O/A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos acordou citar a vostede co fin de que o próximo día nove de xullo ás dez horas asista na sala de vistas á celebración de xuízo de faltas arriba indicado, seguido por lesións, en calidade de denunciado.

Fáiselles saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, se ben este non é preceptivo.

Apercibíndoo que de residir neste termo municipal, e non comparecer e alegar xusta causa que llo impida, poderá impoñérselle unha multa, parándolle o prexuízo a que houbera lugar en dereito, e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar a outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivera, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e sirva de notificación a Bernardo Fernández Silva, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o cinco de xuño de dous mil dous.

O secretario

Rubricado