Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.211

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de emprazamento (580/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifica que nos autos seguidos neste xulgado co número 580/2001, por instancia de María Elena Pintos Souto, representada polo procurador Dorrego Viéitez contra Juan Antonio Lema Anido, se acordou o emprazamento de Juan Antonio Lema Anido mediante a publicación da seguinte cédula de emprazamento.

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e do seu partido, en resolución desta data, dimanante dos autos de separación contenciosa número 580/2001, seguidos por instancia de María Elena Pintos Souto, representado polo procurador Dorrego Viéitez, por medio desta cédula emprázase a Juan Antonio Lema Anido, con DNI 76353556, e último domicilio coñecido en avda. Balneario, nº 35, 1º dereita, Arteixo, co fin de que no prazo de vinte días compareza nos autos, representado por procurador e defendido por letrado e conteste á demanda, prevíndoo de que en caso de non verificalo darase por contestada a demanda e seguirá o curso dos autos na súa rebeldía, notificándolle as demais resolucións que recaian nos estrados deste xulgado.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto que asino na Coruña o 6 de maio de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS