Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 01 de xullo de 2002 Páx. 10.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Persoal Laboral do Concello de Ribadeo.

Vista a acta de reunión celebrada o día 5-2-2002 pola mesa negociadora do convenio colectivo para o Persoal Laboral do Concello de Ribadeo (código 2700742), da provincia de Lugo (publicado no BOP nº 200, do 31 de agosto de 2001) na que se acorda modifica-lo artigo 6, a ampliación da disposición adicional 1ª, así como o do anexo que contén a RPT do vixente convenio colectivo, aprobado no Pleno da Corporación en sesión do día 11 de marzo de 2002, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada modificación e ampliación do convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mentada modificación e ampliación do convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 5 de abril de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Jesús Fernández de la Puente Pérez, secretario do Concello de Ribadeo (Lugo), certifico:

Que o Pleno do Concello en sesión celebrada o día 11 de marzo de 2002, acordou logo de dictame da comisión informativa de gobernación e persoal e por maioría de 8 votos do Grupo Popular e 4 abstencións dos Grupos BNG e PSG-PSOE prestar aprobación á proposta da Alcaldía que recolle as seguintes modificacións no convenio de persoal laboral:

16.5. Modificación convenio persoal laboral.

Artigo 6. Nova redacción.

O Concello de Ribadeo comprométese a mante-la mesma consignación vixente no orzamento municipal para esta finalidade (cun máximo de 24.040,45A, 4.000.000 de pesetas como préstamo vivo total). A contía máxima dos anticipos a que ten dereito cada empregado será de ata un máximo de 3.606,08 A, 600.000 pesetas. A amortización dos anticipos realizarase en dez, vinte ou trinta mensualidades segundo a contía destes.

Terán dereito ós anticipos os empregados laborais fixos e temporais cunha antigüidade superior a un ano. No caso de cesamento deberá amortizarse anticipadamente.

-Os anticipos poderanse solicitar do 1 ó 6 de cada mes e resolveranse do 1 ó 15 de cada mes.

-As solicitudes serán presentadas nunha instancia oficial para o efecto no concello, polo solicitante, vía rexistro, recollendo ano, mes día e hora de presentación.

-Os anticipos serán adxudicados por estricta orde de presentación e cos seguintes matices:

* Terán dereito en primeiro lugar aqueles traballadores que nunca o solicitaran ata o momento. En

todo caso en orde inversa ó número de anticipos concedidos.

* Non se poderá percibir outro anticipo ata que remate o prazo elixido orixinalmente para a amortización dun anterior.

* Os traballadores que tiveran concedido anticipo nos últimos cinco anos ocuparán o último lugar no caso de existencia de máis dunha solicitude. Existirá unha comisión paritaria composta por dous representantes do concello e dous representantes dos delegados de persoal laboral que resolverá o outorgamento de anticipos en casos de dúbida respecto deste artigo.

Disposición adicional 1ª. Engádese o seguinte parágrafo:

«OEP/2002.

Persoal laboral.

1. Responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: licenciado en psicoloxía.

2. Responsable Oficina Municipal de Información Xuvenil. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: titulación universitaria de grao medio.

3. Responsable da Oficina Municipal de Información ó Consumidor. Número de prazas: unha. Estudios requiridos: graduado escolar, FP 1º grao ou equivalente».

Anexo. Modifícase a RPT coa creación das seguintes prazas:

0403. Responsable Programa Prevención Drogodepencias. Ten as seguintes funcións: elaboración, desenvolvemento e avaliación dos programas de prevención de drogodependencias que sexan programados polo Concello a título individual ou en colaboración coa Xunta de Galicia e incluso con outros concellos, todo baixo a supervisión dos responsables municipais do servicio.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 24.

b) As condicións particulares del determinan un CE mensual de 350,01 A.

0641. Responsable Oficina Información Xuvenil. Ten as seguintes funcións: responsable administrativo da Oficina de Información Xuvenil desenvolvendo actividades de información e orientación dos mozos e mozas do concello, organización de cursiños, actividades e desenvolvemento de programas en materia xuvenil, con posibilidade xornada especial (xornada partida incluídos sábados).

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 23.

b) As condicións particulares deste determinan un CE mensual de 350,01 A.

0910. Responsable Oficina Municipal Información ó Consumidor. Ten as seguintes funcións: responsable administrativo da Oficina Municipal de Información ó Consumidor desenvolvendo actividades de orientación, información, divulgación e programación de cursos e actividades en materia de consumo no marco da lexislación autonómica na materia. Do mesmo xeito desempeñará funcións de coordinación

de tarefas administrativas en materia de praza de abastos e mercado.

As características que configuran o posto son as seguintes:

a) As condicións xerais do posto determinan a aplicación dun CD nivel 16.

b) As condicións particulares deste determinan un CE mensual de 257,41 A.

E para que conste, expido a presente, coa excepción do artigo 206 do ROF, de orde e co visto e prace do alcalde, en Ribadeo, 2 de abril de 2002.

Visto e prace

O alcalde