Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación do concurso aberto da obra de saneamento en Baxán e ampliación en Filgueiroa (POL/2002). Para o efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1. (36500) Lalín (Pontevedra). Tfno: 986 78 70 60. Fax: 986 78 20 42.

Obxecto: obra de saneamento en Baxán e ampliación en Filgueiroa (POL/2002). Importe orzamento: 65.189,57 euros (IVE incluído).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: non se considera necesaria.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña a última publicación dos devanditos anuncios; en horario das nove ás catorce e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, éste rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello de Lalín, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 21 de xuño de 2002.

O concelleiro delegado do Rural

Rubricado