Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Concello de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Obras e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras de construcción de 546 nichos no Cemiterio Municipal de Catabois.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Financiamento do contrato.

A adxudicación das obras quedará condicionada á existencia de crédito.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación do expediente: trámite normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

5. Orzamento base de licitación.

Sinálase como tipo de licitación: 177.164,64 euros, incluído o IVE.

6. Garantía.

Provisional: 3.543,29 euros.

7. Clasificación.

Grupo C, subgrupo 4 e 6, categoría c.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Dependencia: Obras e Contratación.

c) Enderezo: praza de Armas, s/n.

d) Localidade e código postal: Ferrol-15402.

e) Teléfono: 981 33 67 05.

f) Fax: 981 33 67 47.

g) Data límite de obtención de documentos e información: o último día de finalización de presentación de ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio de licitación no DOG (se este coincidise en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil).

b) Documentación necesaria: a sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral sito na planta baixa.

1º Entidade: Concello de Ferrol.

2º Enderezo: praza de Armas, s/n.

3º Localidade e código postal: Ferrol-15402.

4º Teléfono: 981 33 67 03.

5º Fax: 981 35 41 22.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Ferrol.

b) Enderezo: praza de Armas, s/n.

c) Localidade: Ferrol.

d) Data: o día que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

e) Hora: a que oportunamente se lles sinale ós licitadores.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 24 de maio de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde