Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 3 de xuño de 2002 pola que se acorda a denegación da prórroga e extinción de diversas concesións administrativas que amparan os parques de cultivo de moluscos da zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254) outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.

Por Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG nº 229) outórgase concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa a favor de José Mollinedo Rey cunha ocupación de 1.351,25 metros cadrados.

Segundo.-Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecue á súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.

Terceiro.-Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da que xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no Real decreto 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Segundo.-Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto na letra C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións se extinguirán polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.

Por todo o anterior, esta consellería, facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda dene

ga-las prórrogas solicitadas e proceder, de conformidade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, á extinción das concesións relacionadas no anexo a esta orde.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa; ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º de la Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2002.

Enrique Cesar López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

253CARLOS FRANCO BOULLOSA147

269RODRIGO CRESPO GARCIA94

280MANUEL EIRAS LOPEZ35

323OLIVA FRANCO BOULLOSA27

335EDELMIRO CRESPO GARCIA29

383JUANA CRESPO GARCIA78

401CRESPO, RIVAS Y VARELA, S.L.262

437CAREMEN IGLESIAS RAMOS104

482ROQUE RAMOS CRESPO48

535JOSE PATIO RODRIGUEZ547

567CAREMEN IGLESIAS RAMOS270

586CARLOS RIVAS FERNANDEZ186

599ANTONIO FRANCO BOULLOSA572

639ANTONIO FRANCO BOULLOSA419

704ANTONIO FRANCO BOULLOSA221

794LUIS IGLESIAS CARBALLO3.642

804RAMON GIL MANEIRO54

806JOSE IGLESIAS DEL RIO76

812JUAN ROMA LOJO285

817JUAN ROMA LOJO227

820MARIA INES EIRAS CHAVES378

823JOSE L. CASTRO ROMAY143

824PAULINA SABORIDO TEIRA301

861GUMERSINDO TORRADO TORRADO44

2. Orde do 29 de outubro de 1984, (DOG nº 229) pola que se outorga concesión administrativa para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberechos no distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa a favor de José Mollinedo Rey cunha ocupación de 1.351,25 metros cadrados.

PARCELA NºNOMESUPERFICIE M

EXP. 5464JOSE MOLLINEDO REY1.351,25

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS