Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.104

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2002 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 40/2002 interposto pola xunta de persoal de administración e servicios desta universidade.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña tramítase o recurso nº 40/2002 (procedemento abreviado) interposto pola Xunta de Persoal de Administración e Servicios da Universidade da Coruña contra a resolución rectoral de data 7 de xaneiro de 2002 pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ó persoal funcionario de administración e servicios.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 31-5-2002)

Alfonso Barca Lozano

Vicerrector de Profesorado