Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.103

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2002 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, a Ignacio Pérez Pérez.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 17 de agosto), para a provisión da praza número 01/039 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, a favor de Ignacio Pérez Pérez, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ignacio Pérez Pérez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería e infraestructura dos transportes, do departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.

A Coruña, 4 de xuño de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña