Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 28 de xuño de 2002 Páx. 10.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 2002 pola que se anuncia a adxudicación de cinco bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocadas por Orde do 5 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Con sustentación na proposta contida na acta da sesión do día 3 de xuño de 2002 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de cinco bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación para desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 65, do 4 de abril de 2002, e de conformidade co establecido na base sétima da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder cinco bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo a esta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos, se os houbese, de acordo coa relación de suplentes que se inclúe no anexo desta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base terceira da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 733,23 euros mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2002, para as bolseiras dos proxectos I, II, III e IV, e para

o período entre o 1 de outubro e o 31 de decembro de 2002, para o bolseiro do proxecto V.

Terceira.-Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producira a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Política Lingüística

ANEXO

Apelidos e nome das/os bolseiras/osNIF

Proxecto I: Catalogación dos fondos bibliográficos do Centro Ramón Piñeiro
Álvarez Francisco, Mª Esther10198798-T
-Suplentes:
Omil Ignacio, Estrella35321182-J
Alegre Maceira, Celia78792168-X
Fernández Núñez, Amparo44448060-P

Proxecto II: Investigación e estudio do galego no exterior
Lojo Abeijón, Mª Josefa52457249-E
-Suplente:
Castiñeiras Rodríguez, Mª Sandra79310639-S
Fernández Carballido, Xurxo36117288-C

Proxecto III: Terminoloxía científico-técnica
López Rúa, Paula32800468-F
-Suplentes:
Castaño Torrado, Berta76778972-G
Dans Álvarez de Sotomayor, Isabel53165260-R
Otero Varela, Inmaculada76893791-F

Proxecto IV: Lírica medieval vinculado ó Arquivo Galicia Medieval
Carbón Puente, Inmaculada76866739-A
-Suplentes:
Souto Espasandín, Mónica76862013-S
Rodríguez González, Mariola78556054-Z
Rodríguez Parada, Raquel36089433-H
Parrado Freire, Alexandre Gaiferos46909881-R

Proxecto V: Investigación e estudios do galego no exterior
Temprano Ferreiro, José Andrés33993346-J
-Suplentes:
Iglesias Álvarez, Ana Mª36119567-E
Fernández Carballido, Xurxo36117288-C

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL