Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE EXCELENCIA TURÍSTICA CONCELLOS DO GROVE E SANXENXO

ANUNCIO para a contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Padroado para o Desenvolvemento do Plan de Excelencia Turística Concellos do Grove e Sanxenxo. Mancomunidade do Salnés.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: peonalización da rúa Hospital do Grove.

Prazo de execución: as obras deberán estar rematadas antes do 1 de novembro de 2002.

Acción enmarcada no Plan de Excelencia Turística.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxucicación.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 141.528,62 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2.830,57 euros.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Sanxenxo-Concellalía de Turismo.

Domicilio: Consistorio, 4. Sanxenxo (Pontevedra). C.P. 36960.

Teléfono: 986 72 00 75.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra o no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello do Grove.

Modelo de proposicións: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura de ofertas.

Lugar: oficina do Padroado sita en Vilalonga-Sanxenxo.

Data e hora: o día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, as 17 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar ó seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 19 de xuño de 2002.

Telmo Martín González

Presidente do Padroado para o Desenvolvemento

do Plan de Excelencia Turística Concellos

do Grove e Sanxenxo