Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.067

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMALCSA

ANUNCIO de selección de persoal.

En cumprimento do principio de publicidade establecido ó abeiro do artigo 302 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia, EMALCSA publica o seguinte anuncio de selección de persoal.

1. Obxecto.

Convócanse as probas selectivas para cubrir unha praza de adxunto ó xefe de planta e unha praza

de técnico de instalacións interiores e contadores, segundo o sistema de concurso-oposición.

2. Requisitos mínimos esixidos.

-Praza de adxunto ó xefe de planta: estar en posesión do título de enxeñeiro técnico industrial ou naval. Experiencia profesional mínima de 2 anos.

-Praza de técnico de instalacións interiores e contadores: estar en posesión do título de enxeñeiro técnico industrial ou naval. Experiencia mínima de 2 anos no campo da construcción e/ou proxectos de instalacións.

Estes requisitos deberanse posuír no momento de finaliza-lo prazo de presentación de solicitudes e xustificarse documentalmente.

3. Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

Os interesados que cumpran os requisitos mínimos establecidos e que desexen participar nas probas selectivas, poderán consulta-las bases da convocatoria na Secretaría de EMALCSA, rúa Dr. Enrique Hervada 4, 15006 A Coruña, no horario de 9 a 13 horas de luns a venres.

A presentación das solicitudes farase, segundo o modelo oficial de instacia contido nas bases da convocatoria, xuntando a documentación requirida, nas nosas oficinas, no mesmo enderezo e horario anteriormente indicados, nos 15 días naturais seguintes ó da publicación oficial da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As bases completas e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no taboleiro de anuncios das oficinas centrais de EMALCSA.

4. Comezo das probas.

En ningún caso se realizarán antes de 25 días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na Coruña, 11 de xuño de 2002.

José Antonio Orejón Pajares

Director xerente de EMALCSA

PADROADO PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN

DE EXCELENCIA TURÍSTICA

CONCELLOS DO GROVE

E SANXENXO