Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

EDICTO do 27 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se lles require documentación ós beneficiarios de pensións non contributivas da Seguridade Social relacionados no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.D. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño), e no artigo 21 do R.D. 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), na falta dos datos necesarios para proceder á tramitación na fase de revisión, dos expedientes que a continuación se relacionan, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as peticións de documentación enviadas no seu día e, en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), requírese os abaixo citados para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan, persoalmente ou debidamente representados, na Delegación Provincial de Asuntos Sociais da Coruña (Concepción Arenal 7-9) para

teren coñecemento do trámite ou documentación que teñen que achegar ó expediente. De non comparecer no prazo indicado, ou se dentro dos 15 días seguintes ó da comparecencia non entregasen a documentación requirida, en virtude do disposto no artigo 16.2º do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo), procederase a suspender cautelarmente o pagamento da pensión.

A Coruña, 27 de maio de 2002.

María José Ares Casal

Delegada provincial da Coruña

PENSIONISTADNICONCELLONº EXPTE.

AÑÓN AMEAL, ENRIQUETA32273347A CORUÑA2014/I/93

DELGADO GÓMEZ, MARÍA OFELIA34179150A CORUÑA807/X/01

GIMÉNEZ RAMÍREZ, ÁNGELES32414844SANTIAGO DE C.266/I/99

SALMERÓN COPETE, JESÚS7542430FERROL1416/I/01

SENENT RUBIO, VICENTA73374466FERROL1467/I/01

TORRES FRANCO, ESTRELLA33225137AMES2406/I/93