Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 27 de xuño de 2002 Páx. 10.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos servicios necesarios para a organización e montaxe do I Certame Galego da Canción na Coruña.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 28/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación dos servicios necesarios para a organización e montaxe do I Certame Galego da Canción que se celebrará na Coruña.

b) Lugar de execución: A Coruña.

c) Prazo de execución: do 16 Ó 29 de setembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 46.879 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 10.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábado, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na indicada no prego de prescricións técnicas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a ésta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1398

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no art. 80 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envién por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, no mesmo día.

2º Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

3º Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 13 de xuño de 2002.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña