Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Arnoia, central de Arnoia, termo municipal da Arnoia, provincia de Ourense.

Advertido un erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 47, do 6-3-2002, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 3.054, onde di: «Tres xeradores síncronos de 6,500, 2.100 e 1.400 kVA de potencia, 50 Hz de frecuencia e unha tensión de xeración de 0,6 kV», debe dicir: «Tres xeradores síncronos de 6.500, 2.100 e 1.400 kVA de potencia, 50 Hz de frecuencia e unha tensión de xeración de 6 kV».

E na mesma páxina, onde di: «Un transformador de potencia 13,5 MVA e relación de transformación 0,6/20 kV», debe dicir: «Un transformador de potencia 13,5 MVA e relación de transformación 6/20 kV».