Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 22 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución da modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Arnoia, central de Peneda, termos municipais da Arnoia, Gomesende e Cartelle, provincia de Ourense.

Advertido un erro na resolución arriba indicada, publicada no DOG nº 47, do 6-3-2002, cómpre realiza-la seguinte corrección:

Na páxina 3.053, onde di: «Dous xeradores síncronos de 2.400 e 7.600 kVA de potencia, 50 Hz

de frecuencia e unha tensión de xeración de 0,6 kV», debe dicir: «Dous xeradores síncronos de 2.400 e 7.600 kVA de potencia, 50 Hz de frecuencia e unha tensión de xeración de 6 kV».

E na mesma páxina, onde di: «Un transformador de potencia 13,5 MVA e relación de transformación 0,6/20 kV», debe dicir: «Un transformador de potencia 13,5 MVA e relación de transformación 6/20 kV».