Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 26 de xuño de 2002 Páx. 9.990

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 11 de xuño de 2002 polo que se fai pública a relación definitiva de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para a cobertura temporal de once prazas nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais do persoal de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, así como a relación definitiva de aspirantes seleccionados para a entrevista persoal (Diario Oficial de Galicia número 225, do 21 de novembro).

As devanditas relacións serán expostas na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral do Sergas, das súas direccións provinciais e das xerencias das institucións sanitarias dependentes delas, na Consellería de Sanidade, nas súas delegacións provinciais e na Dirección Xeral de Saúde Pública, así como na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

do Servicio Galego de Saúde